Quen Somos

 

Agrícola Outes nace en outubro do ano 1994 como empresa familiar nun pequeno baixo sito no centro de Outes adicándose á venda de productos para o agro.

Aos poucos e con gañas de crecer, as circunstancias obrigaron a ir aumentando a actividade e diversificando produtos na medida do posible; agro, horta, xardín, mascotas...

É xa no ano 2003 cando a empresa necesita de máis espazo e comodidades e trasládase a un local mais amplo construído na Avda. do Rocío de Outes co fin de ofrecer un mellor servizo aos seus clientes.

Dende entón a empresa irá aumentado a súa actividade, dedicándose agora a todo o relacionado co Agro, Horta, Xardín, Mascotas, etc. e ofrecendo gran variedade de produtos para todo tipo de clientes.